CONFERENCIAS



RELATORIO ELISA PEREIRA

O pasado 10 de febreiro, tivemos con nós no grupo de traballo a Elisa Pereira,  que centrou o seu relatorio na aplicación e enfoque didáctico da arte rupestre para levar ás aulas. Os puntos centrais da súa intervención pasaron pola formulación de obxectivos, contidos, actividades prácticas segundo o obxecto de estudo, a contextualización fundamental que nos centrou na cronoloxía da prehistoria facendo fincapé no calcolítico , a Idade dos metais... , os xacigos, como ensinar aos nenos/as a contar, os cambios de era, o grupo galaico rupestre, a súa ubicación e distribución, as rochas, como se facían os gravados, tipos de deseños, a pintura, os pigmentos, a destrución do patrimonio... aportándonos co seu saber achegamentos didácticos moi útiles para o noso traballo.





RELATORIO FERNANDO COSTAS GOBERNA

O pasado 23 de xaneiro de 2014 o relatorio de Fernando Costas Goberna estivo baseado no xogo  " As pedras e os xogos"- a orixe dos taboleiros de xogo galegos. 
Ainda que moitos dos grabados non foron concebidos para tal fin, unha vez estaban, impulsaron o xogo. A súa utilidade para este fin en moitos casos estaba clara. Noutros non tanto. 
A aplicación didáctica nas aulas adquire a través de esta perspectiva outro enfoque, fundamentalmente para partir do que temos, recrealo e buscarlle unha practicidade lúdica.  


RELATORIO XOSÉ LOIS VILAR
O pasado 3/12/13 o relatorio impartido por Xosé Lois para o Grupo de Traballo " A Arte Rupestre e a súa aplicación nas aulas" estivo referido a perspectiva histórica, a concreción do entorno de Val Miñor e Baixo Miño, a localización xeográfica galega dos petróglifos, a análise de publicacións, e a través dun power point fíxonos chegar ao grupo unha contextualización xeográfica e catálogo fotográfico do máis salientable na zona.
Tamén rosana a través dun conto elaborado por ela, puso de manifesto recursos dispoñibles que se poden empregar nas aulas para facer chegar a arte rupestre ás mesmas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario