CEIP DE BARRANTES

OBRAS COOPERARTE INSPIRADAS NOS PETRÓGLIFOS

Creadas polos nenos e nenas de infantil e primaria.
































OBRADOIRO DE ARTE RUPESTRE - Manolo Ledo

O pasado 6 de maio  estivo no cole Manolo Ledo que achegounos  a arte ruprestre a través da pintura empregando diferentes tipos de pigmentos, coa técnica do soplado; aos petróglifos, ás súas expresións, manifestacións, ao descubrimento do lume, as ferramentas, a talla de bifaces,... este obradoiro fortalece o traballo desenvolto como proxecto de centro ao longo deste curso escolar: A arte rupestre e a súa contextualización na prehistoria.











 MARCAPÁXINAS DE PETRÓGLIFOS








 














1 DE ABRIL- FIXEMOS GALLETAS DO TETÓN


Esta mañá Kity e máis Lucía  estiveron no cole con nós para ensinarnos a facer galletas.
Inspiradas nos petróglifos do noso Monte Tetón, os nenos e nenas de 5 anos, 1º e 2º  fixemos galletas redondiñas con tona, fariña, zucre, ovos, limón....amasámolo todo e a nevera que teñen que estar moi frías para moldealas.  Despois cun palillo marcamos os círculos concéntricos, imitando ao petróglifo do Monte Tetón máis grande de Europa. Despois ao forno...que ben cheiran! E que ricas están! Para rematar lle demos un efecto vello, de paso do tempo con cacao en polvo, axudados con un pincel. 

Que si, que si! que agora merendamos estes petróglifos tan ricos! Gracias Kity e Lucía por compartir con nós estes momentos e ensinarnos a facer estas galletas tan, pero que tan ricas...TETÓNS DE TONA!




SAÍDA DIDÁCTICA Á ESTACIÓN DE ARTE RUPESTRE OUTEIRO DOS LAMEIROS






21 de marzo- Día da Poesía

En Barrantes fixemos unha exposición de poesía en formas de petróglifos a partires do proxecto da arte rupestre . Así naceron os Poeglifos. Pola tarde os lemos e fixemos lectura das nosas poesías preferidas en lectura colectiva. 





EN CONSTRUCIÓN DA MAQUETA DUNHA MÁMOA









XOGANDO COS PETRÓGLIFOS DE AGUA DA LAXE







UN AGUJERO EN EL TIEMPO
Este conto foi elaborado polos nenos e nenas de 3º enmarcado dentro do proxecto de centro "Un brinco no tempo" facendo un percorrido dende a prehistoria e a arte rupestre ata a arte local.

TALLER DE PREHISTORIA- A ARTE RUPESTRE NAS COVAS

Dende o proxecto que estamos a desenvolver de " Un brinco no tempo" centrado na prehistoria e na arte local,  esta semana fixemos un roteiro polas covas do paleolítico que se atopan nalgunhas aulas do centro. Despois baixamos a cova principal e xuntamonos alí para falar da vida no paleolítico, deste tempo de empezar a andar na historia da humanidade, da vida, da caza,... da arte rupestre, dos motivos que pintaban,...e experimentamos coas nosas mans e con diferentes tipos de pigmentos orgánicos, vexetais, minerais... Ademáis no noso blog de " Recuncho de Paulino" da biblioteca temos moitos recursos para traballar a prehistoria e a arte local...seguimos camiñando no tempo!



Presentación final  do proxecto entre o profesorado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario